Xoves 31 Maio 2012

O afundimento de RIM

Thorsten Heins (CEO de Research in Motion)

A canadiense Research in Motion, fabricante dos famosos dispositivos móbeis Blackberry, non levanta cabeza. O que comezara sendo un exitoso e novidoso gadget orientado aos executivos que non podían permitirse prescindir do acceso ao seu correo electrónico convertiríase tempo despois en toda unha icona da cultura xuvenil: un must have para todos eses xoves ao longo do mundo que precisaban comunicarse cos seus semellantes a cada momento. Pero os tempos cambian e a Blackberry semella que non soubo adaptarse tan ben como a competencia ao novo escenario tecnolóxico dos smartphones.

 RIM leva un par de anos tentando sen éxito aparente voltar á senda do éxito. Nin os redeseños dos seus terminais máis vendidos, nin o salto a outros segmentos como o das tabletas, nin tampouco a entrada no mundo táctil cos seus Blackberry Torch lograron frenar a sangría nas ventas que ven sufrindo. Tampouco a entrada de Thorsten Heins como novo CEO trouxo, polo de agora, movementos positivos nas vendas. A cotización da multinacional canadiense, que caeu case un 30% no último mes (dos 14.30 aos 10.35 que vale hoxe a acción) retrocede a niveis de fai 8 anos. Thorsten Heins anunciou onte que se producirían perdas operativas no primeiro trimestre cando ata fai ben pouco falábase de ganancias. A cota de mercado segue en caída libre ante a cada vez maior predilección do público polos dispositivos de Apple e por aqueles que montan o sistema operativo Android de Google e nos mentidoiros empresariais comézase xa a falar de despidos, que segundo algunhas fontes poderían chegar a número de 6.000 dos case 16.500 traballadores cos que conta a compañía.

Histórico de cotización de RIM -últimos 10 anos-
O principal factor deste declive semella ser a incapacidade de RIM para posicionar un producto obsoleto nun mercado que esixe a máxima celeridade no avance tecnolóxico dos cada vez máis sofisticados e funcionais aparellos que saen á venda. A competencia non da respiro a RIM e pelexa ferozmente pola cota de mercado que ano tras ano perde o fabricante das Blackberry. Apple logrou un producto redondo cos seus IPhone, os consumidores están dispostos a pagar prezos elevadísimos pola última virguería tecnolóxica da firma da mazá, que é percibido polo gran público como un obxeto capaz de otorgar un determinado status social ao seu posuidor. Á súa vez, Google fixo do seu sistema Android unha plataforma forte e en constante evolución á que dan soporte xigantes como Samsung, Sony ou HTC cos seus potentes e innovadores smartphones. Só a finlandesa Nokia , que deu cuantiosas pérdidas no primeiro trimestre, semella quedar rezagada ao igual que RIM. Aínda todo, os finlandeses canto menos contan cun proxecto sólido de futuro coa súa alianza estratéxica da man de Microsoft e o seu Windows Phone e dominan sen paliativos o segmento dos terminais móbeis baratos (os móbeis "non-intelixentes")

Cota de mercado Smartphones (ata o 3º trimestre de 2011)
Os homes de negocios que confiaron case fai unha década en Blackberry como elemento potenciador da súa productividade e os millóns de mozos que mercaron as divertidas Blackberry para comunicarse cos amigos mediante o seu chat, teñen agora un impresionante abanico de opcións que superan en prestacións e deseño ás suas Blackberry.

  RIM precisa reaccionar canto antes.

 Despois de anunciar recortes que suporán un aforro de 1.000 millóns de dólares, a firma canadiense debe conseguir aumentar as sua vendas para non quedar definitivamente fora do negocio. Os próximos lanzamentos de terminais de alta gama contarán xa co novo sistema operativo Blackberry 10 co que esperan achegarse aos seus rivais. Tampouco deben desaproveitar o xugoso pelizco que supoñen os mercados emerxentes nos que aínda manteñen boas vendas dos seus terminais máis antigos pero onde tamén Nokia pega forte ao igual que fabricantes como HTC que venden unha inxente cantidade de smartphones baratos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario