Martes 21 Maio 2013

A necesidade económica e social da legalización das drogas



A pesar de que o seu comercio é ilegal, o consumo de drogas de todo tipo está amplamente estendido polos países occidentais. Galiza non é unha excepción. Neste artigo veremos os beneficios económicos e sociais da legalización das drogas fronte á postura prohibicionista que impera actualidade.

Sábado 18 Maio 2013

Se o mundo fose unha aldea de 100 persoas

O noso planeta acadou en 2011 a cifra de 7.000 millóns de seres humanos. Aínda nun momento como o actual onde un gran número de compatriotas está a pasar importantes apuros económicos, en ocasións non somos conscientes da nosa "privilexiada" situación no mundo.

Miniature-earth recolle unha serie de datos nos que se trata de mostrar como sería o mundo se en vez de por 7.000 millóns de almas estivese poboado só por 100 persoas. Os resultados deberían de chamar á reflexión posto que se o mundo fose realmente unha aldea a situación de gran inxustiza social non sería posíbel ben porque afloraría a solidariedade entre os poboadores da aldea ou ben porque o estalido social sería dificilmente evitábel.

Se o mundo fose unha aldea de 100 persoas:

- 61 serían asíaticos, 12 europeos, 8 norteamericanos, 5 suramericanos e caribeños, 13 africanos e 1 de Oceanía.
- 50 mulleres e 50 homes.
- 47 viven nunha área urbana.
- 9 son discapacitados.
- 33 son cristiáns, 18 musulmáns, 14 hinduístas, 16 non relixiosos, 6 budistas e 13 practican outras relixións.
- 43 viven sen sanidade básica e 18 sen unha fonte de auga potábel.
- 6 persoas posúen o 59% da riqueza da comunidade.
- 13 están famentos ou desnutridos.
- 14 non saben ler.
- Só 7 teñen unha educación de nivel medio.
- Só 12 teñen unha computadora.
- Só 3 posúen unha conexión a internet.
- 1 adulto de entre 15-49 anos ten o VIH.
- A aldea gasta 1,12 billóns de dólares en gastos militares e só 100.000 millóns en axudas ao desenvolvemento.
- Se tes comida no teu refrixerador e roupa no teu roupeiro, se tes unha cama para dormir e se tes un teito sobre a túa cabeza, eres máis rico que o 75% da poboación.
- Se tes unha conta bancaria eres unha das 30 persoas máis ricas do mundo.
- 18 loitan por sobrevivir con 1 dólar ao día ou menos, 52 loitan por sobrevivir con 2 dólares ao día ou menos.


Mércores 15 Maio 2013

O colapso do diñeiro fiduciario nun gráfico


Como moitos saberedes, o sistema económico actual está baseado en diñeiro fiduciario. Isto quere dicir que o diñeiro non ten valor por si mesmo, senón que o valor ven dado pola confianza ou fe da xente de que os cartos sirvan para ser intercambiados por bens ou servizos. Non obstante, isto non foi sempre así e a implantación do diñeiro fiduciario tivo importantes consecuencias que veredes neste artigo.

Venres 10 Maio 2013

Carga fiscal sobre rendementos do traballo na OCDE

O estado español é un dos países da OCDE con maiores tipos marxinais no imposto sobre rendementos do traballo (IRPF) así como en outros impostos como o IVE. Sen embargo a recaudación fiscal está moi lonxe da de outros países con menores tipos. O fraude fiscal e o gran peso das deduccións no cálculo da liquidación do imposto son algúns dos factores que poderían explicar este feito. A continuación veremos 3 cadros que mostran a carga fiscal que teñen que soportar os traballadores dos países da OCDE. Recóllense tres situacións salariais (a dun traballador que gañe o salario medio, outro que percebe o 67% e o 167%). O cálculo da carga fiscal a partir do imposto a pagar inclue tamén os pagos da seguridade social (por parte do traballador e por parte do empresario) así como as transferencias que o traballador recibe por parte do estado.

 




As conclusións? cada quen pode sacar as súas, pero cunha simple ollada rápida pódese observar que os países máis desenvolvidos, tanto económicamente como socialmente, soen ser os de maior carga fiscal, pero tamén nos que máis progresiva é dita carga. Estes países, que gozan dunha boa recaudación fiscal, invirten en infraestructura e servizos públicos de calidade unha gran porción do recaudado.

 Son bastante significativos tamén os casos de Italia, España e Grecia, que tendo unha elevada carga fiscal, non obteñen sen embargo unha recaudación fiscal elevada. A progresividade é case nula (en España alguén que gaña pouco máis da metade do salario medio tributa somentes un 6,5% menos que aquel que gaña o 167% do salario medio).

A onde van parar estes cartos recaudados é outras das variábeis que diferencia aos dous grupos de países antes comentados. Nos PIGS os cartos non se destinan a aumentar a calidade dos servizos públicos senón a pagar a enorme débeda ou a subvencionar empresarios amigos -cando non é directamente roubado-.